Resultados da caracterización dos "Bosques mediterráneos de Taxus baccata (9580 *)" da Cordilleira Cantábrica en Galicia
08-07-2019
O proxecto LIFE BACCATA está cofinanciado pola Comisión Europea no marco da Convocatoria LIFE e desenvólvese entre 2016 e 2020 en quince lugares da Rede Natura 2000 da Cordilleira Cantábrica e pertencentes a Galicia, Castilla y León, e Euskadi. Participa como coordinador do proxecto o IBADER da Universidad de Santiago de Compostela e como socios a Junta de Castilla y León, Cesefor, Fundación Hazi y Grupo TRAGSA.
A caracterización do Hábitat 9580 * "Bosques Mediterráneos de Taxus Baccata" en Galicia realizouse dende a perspectiva dos obxectivos do proxecto LIFE BACCATA. O estudio realiza unha caracterización e diagnose do hábitat, co fin de desenvolver a planificación técnica das accións concretas de conservación, valorar a situación ex-ante do hábitat 9580*, realizar unha valoración etnocultural dos teixadais e establecer a metodoloxía de avaliación das repercusións do proxecto.
Dispoñer dun estudio como este permite revisar os criterios na interpretación do hábitat 9580* e elaborar unha actualización da cartografía do hábitat 9580* que posibilita a corrección dos erros existentes nos Formularios normalizados de Datos (SDF) dos espazos Natura 2000 do proxecto. Dispoñer dunha cartografía máis precisa facilitará unha análise axeitada do seu estado de conservación.
Os obxectivos deste estudio foron:

Axudar a clarificar a interpretación do hábitat 9580*. |
Obter información para a valorización local do hábitat 9580*. |
Reducir o grao de incerteza á hora de desenvolver a planificación técnica das accións de conservación. |
Definir a metodoloxía para o seguimento das repercusións do proxecto sobre o hábitat. |
O estudio iniciouse cunha revisión bibliográfica para clarificar a distribución do tipo de hábitat no territorio. Esta revisión permitiu constatar que as interpretacións realizadas a nivel nacional posúen elevadas carencias, mentres que o Manual de Hábitats de Galicia adopta as definicións do Manual de Interpretación de Hábitats da UE, citando a presenza do devandito tipo de hábitat en territorios galegos, tanto na rexión mediterránea coma na atlántica. De acordo á recomendación contida no parágrafo final da definición do hábitat 9580* no Manual de Interpretación de Hábitats da UE, e por coherencia bioxeográfica co que alí se expón en relación cos teixadais portugueses, para os que se indica a súa pertenza a este tipo de hábitat, os teixadais existentes no resto da rexión Atlántica da Península Ibérica, e polo tanto os galegos, deben incluirse nesta categoría. Unha das principais directrices do Manual de Interpretación de Hábitats da UE indica que o feito de que moitos dos tipos de hábitats do Anexo I estean cualificados por termos bioxeográficos, o que significa que teñen a súa aparición principal nunha rexión bioxeográfica determinada, non exclúe a posibilidade de atopar o mesmo tipo de hábitat noutras rexións bioxeográficas, xa que estas presenzas a miúdo illadas teñen un grande valor científico e de conservación, particularmente en aquelas áreas onde os tipos de hábitats son moi fragmentarios e influenciados polas actividades humanas.
Con respecto á información contida nos SDF de Galicia, a aprobación do Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia mediante o Decreto 37/2014 trouxo consigo a disposición dunha cartografía de maior precisión e a actualización dos devanditos SDF, de forma que a partir do ano 2016 estes incorporan unha información congruente co Manual de Hábitats de Galicia.
Con respecto á caracterización do hábitat 9580* en Galicia, cabe destacar que son formacións que ocupan pequenas superficies, e que se atopan inmersas en masas arboradas de maior extensión. Dende o punto de vista altitudinal, estes bosques dominados por Taxus baccata distribúense ao longo dun amplo intervalo (630-1.450 m), se ben a maior parte deles son de distribución fundamentalmente supratemperada superior, é dicir, sitúanse por enriba dos 1.200 m de altitude. A miúdo localízanse en abas de forte inclinación e orientación con compoñente N. En canto á litoloxía, predominan as unidades de rochas metamórficas silíceas, aínda que tamén están representadas as rochas carbonatadas (calías e dolomías). Os solo caracterízanse, case sen excepción, pola súa elevada pedregosidade e abundancia de afloramentos rochosos, podéndose incluír nas tipoloxías de leptosoles e umbrisoles da clasificación de chans da FAO.
Contabilizáronse máis de 90 especies de plantas vasculares nos teixadais galegos, oscilando o número de especies por inventario entre 10 e 41 taxóns. A diversidade da flora presente no sotobosque é inversamente proporcional á cobertura das especies perennifolias alcanzadas no dosel arbóreo (teixo, acivro, loureiro), ou ao grao de complexidade estrutural. Os tipos biolóxicos predominantes son hemicriptófitos (38,2%), fanerófitos (23,5%) e xeófitos (27,9%), sendo claramente minoritarios caméfitos (5,9%) e terófitos (4,4%). Cabe destacar a práctica ausencia de especies invasoras nos teixadais galegos, constando soamente a presenza dalgunha especie alóctona como Prunus laurocerasus nas formacións situadas nas proximidades dos núcleos de poboación.
Valor intrínseco
Ademais do seu valor intrínseco como representacións extremas occidentais no contexto europeo do tipo de hábitat prioritario "9580* Bosques mediterráneos de Taxus baccata", incluído no Anexo I da DC 92/43/CEE ("Directiva Hábitats"), os teixadais galegos posúen un valor engadido de acordo á biodiversidade que atesouran. No plano botánico, albergan poboacións de plantas vasculares protexidas por disposicións comunitarias e autonómicas (Narcissus pseudonarcissus nobilis, Ruscus aculeatus). Con respecto á fauna, a presenza destes teixadais atópase vinculada á conservación de masas arboradas de excepcional valor para o mantemento de numerosas especies de vertebrados protexidas ou ameazadas de desaparición no extremo occidental das montañas cantábricas.
En todo caso, de acordo á definición de estado de conservación favorable no artigo 1 da DC 92/43/CEE, é posible establecer algúns indicadores para os teixadais en Galicia. A dominancia ou codominancia de teixos no dosel arbóreo é un indicador da estrutura e composición da formación arborada, e por extensión do tipo de hábitat 9580*. Por outra parte, a presenza no sotobosque de especies pouco tolerantes ao pisoteo e ao ramoneo, así como a existencia do propio rexenerado de Taxus baccata, indican un bó estado de conservación do tipo de hábitat. Neste sentido, a presenza de aves e micromamíferos fruxívoros no ámbito deste tipo de hábitat, favorece a dispersión e xerminación das sementes de teixo, o que contribúe a manter de forma natural o rexenerado de Taxus baccata nos teixadais.

A pesar de que a maioría dos teixadais galegos se atopan relativamente afastados de lugares habitados e en lugares de difícil acceso, estas formacións non escaparon ao seu aproveitamento dende épocas remotas e ata momentos recentes. Diso dan fe os abundantes tocóns e evidencias de curtas e demoucas observables nestes bosques. Os usos que as poboacións locais realizaron nas zonas ocupadas polos teixadais, ou o aproveitamento que fixeron das especies que os caracterizan (fundamentalmente de teixo, Taxus baccata), mostran o carácter ancestral destas formacións, e como foron testemuñas da adaptación do home ás adversidades do territorio. Non obstante, os usos tradicionais que se viñeron realizando nas áreas nas que se conserva o hábitat 9580* Bosques mediterráneos de Taxus baccata non parecen incidir de forma especial sobre os teixadais. Probablemente iso é debido a que as formacións de teixo se localizan en áreas remotas, afastadas relativamente dos núcleos rurais e cun difícil acceso.
O teixo (Taxus baccata) é unha especie arbórea respectada pola poboación da área oriental de Galicia, fundamentalmente debido á súa elevada lonxevidade e a súa toxicidade para a especie humana. Por iso, un número importante de teixos foi usado como ornamento en lugares relevantes na vida cotiá das comunidades rurais, presidindo ámbitos relixiosos (igrexas, cemiterios), importantes xardíns (en casas e pazos) e tamén en lugares de uso público (prazas, fontes, etc.). Isto é común a outras áreas ibéricas e europeas. Cabe destacar un dos usos tradicionais máis específicos que se coñece en Galicia, e é o emprego do teixo como cortaventos no NW da provincia de Lugo, usado como cortaventos para protexer as casas e as airas nas que se confeccionaban os palleiros..
De forma recente é posible citar outras presións e ameazas, como a excesiva presenza de visitantes (por motivo turístico, fundamentalmente) que motivou a presenza de signos de vandalismo en ramas de exemplares de Taxus baccata de grandes dimensións. O atractivo que xeran estes lonxevos individuos de teixo provoca que en ocasións os visitantes se suban ás súas ramas para realizar instantáneas que inmortalicen a visita, provocando o arranque e descalle de ramas de grandes dimensións. Noutros casos chegouse máis alá, realizando talles e inscricións nas ramas, co consecuente descortizado e produción de feridas en xilema e floema.
En todo caso, a excesiva afluencia de visitantes a algúns dos teixadais motiva que as pisadas provoquen a formación de numerosos sendeiros limitando a cobertura das especies características do sotobosque, así como xerando elevados niveis de ruído cando se trata de grupos numerosos, co consecuente efecto disuasorio para a fauna silvestre.
O atractivo dos teixadais dende o punto de vista científico tamén atraeu unha cantidade importante de estudios sobre as súas características botánicas, dasométricas e ecolóxicas. Non obstante, o que a priori debera ser algo positivo, nalgunhas ocasións implicaron consecuencias negativas, como por exemplo o abandono de material científico (recipientes, bolsas, etc.) non biodegradable no interior dos teixadais.
Noutros casos pode citarse a presenza de borde de infraestruturas viarias e eléctricas, que poden levar consigo consigo a xeración de dano para os pés de teixo que conforman o estrato arbóreo, así como a presenza de novos focos de contaminación debido a verteduras incontroladas dende as mencionadas infraestruturas.
Amenazas
Non obstante, na actualidade unha das principais ameazas para estes bosques son os severos incendios que durante a época estival arrasan grandes superficies na montaña oriental galega, e que en ocasións causan danos significativos en grandes superficies de tipos de hábitat de interese comunitario incluídos no Anexo I da DC 92/43/CEE. De feito, o proxecto LIFE BACCATA recoñéceos como unha das ameazas máis severas para estes bosques, propoñendo o desenvolvemento da acción C5 para mitigar o risco de que un incendio alcance estas formacións e cause unha afección significativa sobre o seu estado de conservación.
Como consecuencia de todo este estudio de diagnóstico de presións e ameazas, é posible emitir unha serie de propostas de actuación:
Non realizar aquelas prácticas selvícolas que provoquen unha diminución da superficie ocupada polo hábitat 9580*, afectando negativamente o estado de conservación do tipo de hábitat, de acordo ao Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia (Decreto 37/2014). |
Establecemento de medidas de conservación e recuperación do hábitat 9580* encamiñadas especialmente a aumentar a superficie ocupada por este, susceptibles de xerar un estado de conservación favorable do tipo de hábitat. |
Regular a afluencia turística de visitantes aos teixadais naqueles casos en que os efectos dos visitantes causan unha afección significativa sobre o estado de conservación do tipo de hábitat, establecendo as cotas máximas, épocas e itinerarios de acordo á estimación da capacidade de carga destas formacións arboradas, de acordo ao Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia (Decreto 37/2014). |
Realización de actividades científicas en teixadais debidamente autorizadas polo organismo competente en materia de conservación da natureza, establecendo prazos, itinerarios, visitas, etc., e por suposto prohibindo o abandono de material científico e obrigando á recollida deste, ao amparo do Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia (Decreto 37/2014). |
Establecemento de zonas de control de herbivoría dentro dos teixadais (9580*) naqueles casos en que esta cause unha deterioración na estrutura e composición florística do hábitat 9580*, para contribuír á recuperación da cobertura das especies características do sotobosque, e en consecuencia a estrutura e composición do tipo de hábitat 9580*. |
Non realizar actuacións selvícolas sobre o dosel arbóreo dos teixadais que poden levar asociado un incremento da abundancia ou crecemento rápido de especies arboradas alleas ao tipo de hábitat 9580*, de forma que as devanditas actuacións se consideran contrarias para o mantemento dun estado de conservación favorable de acordo ao Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia (Decreto 37/2014). |
Posta en marcha de actuacións que contribúan á minimización do risco de ocorrencia de incendios forestais que poidan causar unha afección significativa sobre o estado de conservación do tipo de hábitat 9580*, de cara a conseguir unha mellora das súas perspectivas futuras e en consecuencia do seu estado de conservación favorable. |