Ámbito

DURACIÓN



2016 - 2020

 

ÁMBITO XEOGRÁFICO



O proxecto "LIFE15 NAT/ES/000790 Conservación e restauración dos bosques mediterráneos de Taxus baccata (9580 *) nas montañas Cantábricas", centrará o seu estudio nos teixedais, ou masas doutras especies arbóreas con presenza de teixo, de quince lugares da Rede Natura 2000 na Cordilleira Cantábrica:
 
TIPO DE ESPAZO PROTEXIDO CÓDIGO NOME PROVINCIA
ZEC Y ZEPA ES0000210 ALTO SIL LEÓN
ZEC ES1120001 ANCARES - COUREL LUGO
ZEC Y ZEPA ES4120030 MONTES OBARENES BURGOS
ZEC ES4120049 BOSQUES DEL VALLE DE MENA BURGOS
ZEC Y ZEPA ES4130003 PICOS DE EUROPA EN CASTILLA Y LEÓN LEÓN
ZEC Y ZEPA ES4130010 SIERRA DE LOS ANCARES LEÓN
ZEC Y ZEPA ES4140011 FUENTES CARRIONAS Y FUENTE COBRE-MONTAÑA PALENTINA PALENCIA
ZEC ES2120011 ARALAR GIPUZKOA
ZEC Y ZEPA ES0000003 PICOS DE EUROPA LEÓN
ZEC ES2120006 PAGOETA GIPUZKOA
ZEC Y ZEPA ES4130035 VALLE DE SAN EMILIANO LEÓN
ZEC ES4130037 HOCES DE VEGACERVERA LEÓN
ZEC ES4130050 MONTAÑA CENTRAL DE LEÓN LEÓN
ZEPA ES0000364 OMAÑA LEÓN
ZEC ES4120090 EMBALSE DEL EBRO-MONTE HIJEDO BURGOS
ZEC ES4130149 OMAÑA LEÓN

Na Zona de Especial Conservación (ZEC) Ancares-Courel se atopan exemplares de teixo de gran porte, competindo con faias e carballos en zonas de grande valor ecolóxico como por exemplo acontece na "Devesa da Rogueira", na "Serra do Courel", (Vizcay González, M.A., 2012), varios montes nas proximidades de Pedrafita do Cebreiro, etc.

Nas ZEC incluídas no presente LIFE situadas na comunidade de Castilla y León, os teixos se atopan en pequenos golpes, grupos, e en ocasións rodais que xa se poden denominar "teixedais", salpicadas por diversas zonas da Cordilleira Cantábrica, normalmente en bosques de carballo e/ou faia, ou en afloramentos rochosos, sendo estes últimos exemplares os superviventes debido á presión gandeira e, en maior medida, aos incendios forestais. Importantes manifestacións son a Teixeda de Tosande (Palencia), no ZEC Fontes Carrionas e Fonte de Cobre - Monataña Palentina, os exemplares do Alto Sil en León, etc.

Os ZEC correspondentes a Guipuzkoa (Aralar e Pagoeta) albergan tamén exemplares de teixos que se atopan salpicando normalmente faiais.