Finalización de LIFE BACCATA en Galicia: resultados e impactos do proxecto
14-12-2021
A execución de LIFE BACCATA en Galicia cumpriu os obxectivos marcados polo proxecto no seu comezo, contribuíndo á mellora do estado de conservación do hábitat 9580* na ZEC Os Ancares - O Courel (ES1120001), así como fomentando o aumento do coñecemento deste hábitat e a difusión dos seus valores e necesidades de conservación en distintas localidades e áreas.
Tendo en conta a reducida superficie das representacións coñecidas en Galicia do hábitat 9580*, e a súa fraxilidade e vulnerabilidade fronte ás diversas presións e ameazas que foron identificadas, as actuacións executadas polo proxecto LIFE BACCATA dirixíronse á mellora do seu estado de conservación a través da posta en práctica de medidas encamiñadas ao aumento da súa superficie, a eliminación de afeccións que alteran a súa composición e a mellora das súas perspectivas futuras. IBADER actuou de coordinador das actuacións, contando coa participación da empresa pública TRAGSA na execución e deseño técnico das accións de restauración sobre o hábitat 9580* en Galicia, que se situaron nunha área de actuación de 15,4 ha dentro do Monte Veciñal en Man Común (MVMC) de Riocereixa (Pedrafita do Cebreiro, Lugo), na ZEC Os Ancares - O Courel (ES1120001), a cal conta coa presenza do hábitat 9580* dentro do seu ámbito territorial. A comunidade veciñal propietaria do MVMC expresou o seu apoio ao proxecto dende a súa candidatura, executándose a estratexia de LIFE BACCATA para a mellora do hábitat 9580* nos seus predios a través da sinatura dun convenio de colaboración. A execución de LIFE BACCATA nunha propiedade privada colectiva resultou un grande valor engadido ao proxecto, xa que permite implicar na xestión dos hábitats naturais e da Rede Natura 2000 aos propietarios privados do territorio, sendo unha medida pioneira en Galicia.
Deste modo, o proxecto en Galicia logrou a mellora do estado de conservación de 15,4 ha do hábitat 9580* no MVMC de Riocereixa, mediante a eliminación dunha plantación monoespecífica da especie exótica Pinus sylvestris, en estado de senescencia e nulo valor de conservación para a biodiversidade, para ser posteriormente restaurada mediante a plantación de 17.000 plantas das especies características do hábitat 9580* en Galicia (Taxus baccata, Betula pubescens, Quercus petraea, Fagus sylvatica, Sorbus aucuparia, Ilex aquifolium, Corylus avellana). Estas actuacións foron reforzadas mediante a súa protección fronte aos incendios forestais, a través da mellora de 16,9 km de pistas do MVMC de Riocereixa, de forma que sirvan para o establecemento de liñas de defensa contra incendios, eviten tamén ser orixe destes, permitan un mellor acceso aos servizos de extinción, e poidan ser empregadas polos veciños para o seu servizo.
A restauración do hábitat 9580* mediante a plantación das súas especies características realizouse con planta que IBADER produciu en viveiro dende o propio proxecto LIFE BACCATA, de forma que se asegurou o emprego de material compatible xeneticamente, e de orixe local, mediante recollida no mesmo MVMC de Riocereixa de estacas e sementes das especies arbóreas a empregar. De forma complementaria, tamén se recolleu material para poñer en marcha unha colaboración co grupo de investigación AgroBioTech for Health da Universidade de Vigo, especializado en bioteconoloxía vexetal, cultivo in vitro, micro e macropropagación, para a propagación vexetativa de plántulas de Taxus baccata mediante técnicas avanzadas de hormonado e baixo condicións controladas, coa finalidade de empregar esta modalidade como unha nova estratexia ambiental e de conservación da especie, amosando resultados preliminares moi positivos.
Para frear a perda de variabilidade xenética do teixo no Norte da Península Ibérica, e mellorar así as súas perspectivas futuras, como especie principal do hábitat 9580*, LIFE BACCATA executou en Galicia unha acción transversal, materializada en diversas medidas de conservación in situ e ex situ: xenotipado de 1.151 mostras de 82 localidades de teixo do Norte da Península Ibérica, creación dun banco de xermoplasma que almacena as 1.151 mostras tisulares de DNA e 920 sementes de 7 localidades de Galicia e Asturias, creación dun arboreto de Taxus baccata con material xenético da ZEC Os Ancares - O Courel (ES1120001), compartición da información xenética de 49 poboacións naturais de teixo (Taxus baccata) co programa europeo EUFORGEN, para integrala na súa rede de Unidades de Conservación Xenética Forestal (UCXF).
A execución de todas estas accións de conservación xerou un valioso coñecemento que serviu para ser obxecto de difusión, publicación e intercambio con outras plataformas e entidades. Ao longo do proxecto, organizáronse e/ou asistiuse a diversas xornadas e seminarios de difusión pública, cunha especial dedicación aos talleres en centros de educación primaria e secundaria. A chegada da COVID-19 supuxo un especial reto á hora de celebrar este tipo de eventos, de forma que a estratexia de difusión do proxecto se transformou nunha promoción de contidos online (https://www.youtube.com/watch?v=y5_uWIDYoZ0), complementados por materiais de avaliación, que foron distribuídos en 24 talleres para 950 escolares sobre conservación de teixos e teixadais, Natura 2000 e LIFE BACCATA, impartidos en 16 centros de educación primaria e secundaria de 11 municipios da provincia de Lugo.
Os datos de xenotipado serviron para a publicación do artigo "Genetic diversity and structure of Taxus baccata from the Cantabrian-Atlantic area in northern Spain: A guide for conservation and management actions", publicado no Volume 482 de Forest Ecology and Management, prestixiosa revista do ámbito forestal. Non obstante, os datos empregados no devandito artigo foron compartidos co Centre de Recerca Ecològica i Aplicacions Forestals (CREAF), permitindo ampliar a contextualización dos resultados do proxecto, e ser empregados no artigo "Shaping the niche of Taxus baccata, a modelling exercise using biologically meaningful information", publicado no Volume 501 de Forest Ecology and Management.
A produción de planta de orixe local e compatible xerou un valioso coñecemento que puido ser transferido, para a súa replicación, a administracións públicas, ONGs e empresas do sector forestal, tanto a nivel local, autonómico, e estatal, así como doutros estados membros da UE como Francia, Irlanda, Portugal e Italia, posibilitando o intercambio con outros proxectos europeos, tanto LIFE como non LIFE. Neste caso, tamén a chegada da COVID-19 causaba un grande impacto sobre as previsións iniciais, de forma que as visitas a proxectos e entidades a nivel europeo foron substituídas por seminarios de networking online, o cal resultou nun maior impacto de alcance do proxecto xa que posibilitou que un maior número de axentes implicados puideran participar nestes, e polo tanto recibir e intercambiar os resultados e leccións aprendidas polo proxecto.