Rede Natura 2000

Rede Natura 2000 é unha rede ecolóxica europea de áreas de conservación da biodiversidade. Consta de Zonas Especiais de Conservación designadas de acordo coa Directiva Hábitat, así como de Zonas de Especial Protección para as Aves establecidas en virtude da Directiva Aves.


A súa finalidade é asegurar a supervivencia a longo prazo das especies e os hábitats máis ameazados de Europa, contribuíndo a deter a perda de biodiversidade ocasionada polo impacto adverso das actividades humanas. É o principal instrumento para a conservación da natureza na Unión Europea.






Programa LIFE da Unión Europea

O Programa LIFE é o único instrumento financeiro da Unión Europea dedicado, de forma exclusiva, ao medio ambiente. O seu obxectivo xeral para o período 2014-2020 é contribuír ao desenvolvemento sostible e ao logro dos obxectivos e metas da Estratexia Europa 2020 e das estratexias e plans pertinentes da Unión en materia de medio ambiente e clima.


http://ec.europa.eu/environment/nature/natura2000/index_en.htm






Regulamento LIFE 2014-2020

O 20 de decembro de 2013 publicábase no Diario Oficial da Unión Europea o novo Regulamento LIFE para o período 2014-2020, Regulamento (UE) nº 1293/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 11 de decembro de 2013 relativo ao establecemento dun Programa de Medio e Acción polo Clima (LIFE) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 614/2007.

A dotación financeira para a execución do Programa LIFE durante este período ascenderá a 3.456,7 millóns euros, analizándose en dous Subprogramas: O Subprograma de Medio Ambiente (con 2.592,5 millóns de euros) e o Subprograma de Acción polo Clima (con 864,2 millóns de euros).

Esta proposta baséase no éxito obtido polo Programa LIFE+ 2007-2013 se ben se trata dun novo Programa mellor estruturado, máis estratéxico, simplificado e máis flexible. Fai especial fincapé nunha mellor gobernanza.

Para máis información, pódese consultar o seguinte enlace:

http://ec.europa.eu/environment/life/index.htm