O proxecto LIFE BACCATA presenta en Bruxelas a súa iniciativa para a conservación dos bosques de teixo
25-11-2016
O beneficiario coordinador (IBADER) do proxecto LIFE BACCATA (LIFE15 NAT/ES/000790) participaba o pasado 6 de outubro no encontro de lanzamento (kick off meeting) celebrado pola Comisión Europea no marco do programa LIFE. O encontro, que tivo lugar nas instalacións da Axencia Executiva para as Pequenas e Medianas Empresas (EASME) en Bruxelas (Bélxica), serviu para presentar ante os responsables da Comisión Europea os diferentes proxectos LIFE da convocatoria 2015 que foron aprobados. Con todo, tamén posibilitou unha gran oportunidade para que a Comisión Europea e as entidades beneficiarias intercambiaran os seus puntos de vista durante diferentes mesas redondas. Esto permitiu estreitar lazos e reforzar potenciais sinerxias de cara a futuras colaboracións.
O proxecto LIFE BACCATA posúe como obxectivo a mellora do estado de conservación do tipo de hábitat prioritario 9580* “Bosques mediterráneos de Taxus baccata” en 15 Espazos Protexidos da Rede Natura 2000 da Cordillera Cantábrica, mediante o incremento da súa área de ocupación, a mellora da súa estrutura e funcionalidade, así como das súas perspectivas futuras. O proxecto abrangue igualmente unha serie de medidas de difusión e transferencia dos resultados acadados, así como un programa de información e sensibilización ao público en xeral sobre a importancia do hábitat 9580*, os valores da biodiversidade albergada, e os servizos prestados polos ecosistemas abordados polo proxecto. O beneficiario coordinador do proxecto é o IBADER do Campus de Lugo da USC, e conta con outros 3 beneficiarios asociados: Fundación CESEFOR, Junta de Castilla y León e HAZI Fundazioa. O orzamento global do proxecto son 1.925.104 €, que é cofinanciado pola Unión Europea nun 75% (1.441.649 €), proporción que supón o máximo que outorga a convocatoria LIFE para aqueles proxectos que son considerados como prioritarios para a súa execución e posta en marcha.
O tipo de hábitat 9580* se atopa formado por bosques dominados por Taxus baccata, a miúdo con Ilex aquifolium, de presenza moi localizada. Este hábitat pode ter dúas orixes: como fase de senescencia de faiais ou abetais formados con posterioridade á desaparición das especies de maior talla, a partir de rodais de teixo e formando mosaico con bosques pluriestratificados de faia-teixo; como fases finais de bosques nos que o teixo sobrevive a especies de maior talla situadas por enriba ou nas súas proximidades.
Na presentación ante a Comisión fíxose un especial énfase da magnitude territorial do proxecto LIFE BACCATA, que abrangue unha superficie significativa da área de presenza do tipo de hábitat 9580* en España. Por outra banda, ademáis das actuacións de restauración e mellora directa do tipo de hábitat, tamén se resaltou a caracterización xenética das poboacións de teixo (Taxus baccata) da Cordillera Cantábrica, o que permitirá coñecer a súa variabilidade xenética e contribuir á conservación desta.
A presentación foi do agrado dos membros da Comisión, que a calificaron positivamente, resaltando a elevada aptitude e experiencia do persoal implicado no proxecto. A Comisión Europea tamén resaltou a replicabilidade e transferabilidade plantexada en LIFE BACCATA con outros proxectos europeos que aborden a conservación dos bosques en xeral, e das teixedas en particular. Neste sentido, valorouse moi positivamente o inicio dos contactos establecidos antes do comezo do proxecto, como foi a visita ao proxecto LIFE TAXUS en Portugal, con motivo do workshop celebrado no pasado mes de xuño de 2016 na Serra da Estrela, en Manteigas.
LIFE BACCATA é unha mostra da experiencia e o compromiso adquiridos polos beneficiarios do proxecto na conservación e restauración de ecosistemas naturais mediante o mantemento ou restablecemento nun estado de conservación favorable dos tipos de hábitat e das especies de interese comunitario.