LIFE BACCATA publica un artigo de impacto internacional acerca da diversidade xenética do teixo nas montañas Cántabro-Atlánticas
12-03-2021
Como consecuencia dos traballos de recollida de máis de 1.000 mostras de teixo de 49 localidades repartidas en 30 ZEC da Rede Natura 2000 do Norte da Península Ibérica, e a posterior análise de 9 marcadores de ADN microsatélite (SSR) mediante técnicas de PCR e secuenciador automático, foi posible determinar a diversidade xenética e o grao de parentesco das poboacións de teixo das montañas Cántabro-Atlánticas, tal e como explicabamos no Boletín especial Nº 3 do proxecto (agosto 2020).
A información obtida e o coñecemento xerado foron tan relevantes, que levaron ao equipo de LIFE BACCATA á elaboración dun artigo no que se recolla a metodoloxía empregada, se detalle o procedemento seguido e se presenten á comunidade científica os resultados obtidos e as conclusións derivadas destes. A relevancia dos datos de LIFE BACCATA foi de tal calibre que non solo transcendeu a súa validez a nivel da Cordilleira Cántábrica, senón que a información foi contrastada cos traballos previos de caracterización xenética do teixo a nivel peninsular, achegada polo Centre de Recerca Ecològica i Aplicacions Forestals (CREAF), permitindo ampliar a contextualización dos resultados do proxecto. O artigo, titulado "Genetic diversity and structure of Taxus baccata from the Cantabrian-Atlantic area in northern Spain: A guide for conservation and management actions", foi publicado no Volume 482 de Forest Ecology and Management, prestixiosa revista do ámbito forestal.
Os resultados da ampla mostraxe realizada confirman unha alta diversidade de recursos xenéticos de teixo nas montañas Cántabro-Atlánticas, representando unha importante fonte de variación xenética da especie. Algunhas poboacións mostraron elevada variabilidade xenética e baixo parentesco, sinais dun maior tamaño poboacional e conectividade ao longo da área LIFE BACCATA. A análise de agrupamento xenético entre poboacións mostrou evidencias de estruturación a distintas escalas espaciais, probablemente asociados á combinación de efectos de flutuacións climáticas do pasado histórico cun impacto humano máis recente. A escala global, observouse unha diferenciación das mostras máis orientais, con sinais de maior conectividade histórica nas áreas occidentais. A escala rexional, identificáronse diferenzas xenéticas entre 7 grupos biogeográficos, asociados a procesos de cambio e dispersión na historia evolutiva da especie. A escala máis fina, detectouse un importante compoñente de estruturación local, que reflicte unha baixa conectividade entre poboacións, característica de rangos meridionais de distribución da especie.
Os datos xenéticos obtidos proporcionaron información e criterios como basee para orientar as accións de conservación de LIFE BACCATA, tanto in situ (fundamentalmente o reforzo/plantación/translocación no seu hábitat natural) como ex situ (por exemplo, bancos de sementes e clonais).