LIFE BACCATA celebrou un obradoiro internacional sobre restauración e mellora dos teixadais (hábitat 9580*) no Norte da Península Ibérica
08-11-2019
O proxecto LIFE BACCATA (LIFE15 NAT/ES/000790), dentro das súas accións de intercambio de información con outros proxectos e experiencias, celebrou un obradoiro internacional no Parque Nacional da Peneda-Gerês (Terras de Bouro, Portugal), localidade de actuación do LIFE TAXUS (LIFE12 NAT/PT/000950), proxecto que na actualidade se atopa xa rematado. A visita por parte de LIFE BACCATA foi realizada por todos os socios que están a desenvolver accións de conservación, seguimento e difusión para acadar a restauración e mellora dos teixadais (hábitat 9580*) na Cordilleira Cantábrica, para compartir e intercambiar experiencias co Instituto Nacional da Conservaçao da Natureza e das Florestas (ICNF), quen como organismo público competente na xestión dos espazos protexidos en Portugal, e en consecuencia da Rede Natura 2000 e do propio Parque Nacional da Peneda-Gerês, está a garantizar as actuacións After-LIFE do LIFE TAXUS.
Deste xeito, o beneficiario coordinador, o IBADER do Campus Terra da USC acudiu a presentar os resultados das actuacións que está a desenvolver no enclave galego do proxecto (Monte Veciñal en Man Común de Riocereixa, Pedrafita do Cebreiro, Lugo) coa axuda dun dos beneficiarios asociados do proxecto, a empresa pública TRAGSA. A execución desta actuación nunha propiedade privada colectiva é de gran valor para o proxecto, xa que permite implicar na xestión dos hábitats naturais e da Rede Natura 2000 aos propietarios privados do territorio, sendo unha medida pioneira en Galicia.
Dende Castilla y León achegáronse os beneficiarios asociados Fundación CESEFOR e a Junta de Castilla y León, aportando a mayoría de superficies incluidas no proxecto LIFE BACCATA, explicando os retos e dificultades das actuacións selvícolas de posta en luz de matriarcas de teixo e do rexenerado, as medidas de defensa contra a herbivoría, ou o paquetes de medidas informativas e divulgativas do proxecto.
Pola súa banda, a Fundación HAZI explicou as actuacións desenvolvidas nos dous enclaves do proxecto en Euskadi, enfatizando sobre as medidas de translocación de planta para o aumento da superficie abranguida polo tipo de hábitat, e a implicación dos sectores clave do territorio para o mantemento a longo prazo das actuacións de conservación executadas polo proxecto.
Finalmente, chegou o turno para o ICNF, quen está a desenvolver as actuacións After-LIFE do LIFE TAXUS (LIFE12 NAT/PT/000950). Dende esta entidade se transmitiron as medidas de recuperación e valorización de hábitats naturais no Parque Nacional, e nomeadamente das desenvolvidas nos bosques de teixo, facendo un especial fincapé nas medidas de conservación ex-situ, amosando un gran interese polas solucións adoptadas en LIFE BACCATA.
As presentacións foron complementadas por dúas viaxes de campo ás zonas de actuación de LIFE TAXUS no Parque Nacional da Peneda-Gerês, nas que os membros do ICNF explicaron aos socios de LIFE BACCATA as solucións adoptadas e as medidas desenvolvidas. A primeira viaxe foi a Leonte, onde os asistentes puideron apreciar de primeira man as labores de mellora e acondicionamento dos hábitats forestais para promover a rexeneración natural e expansión do teixo, e polo tanto o aumento da superficie do hábitat 9580*. A segunda viaxe realizouse polo Val do Río Maceira, incluído na Zona de Protección Total (equivalente a unha Zona de Reserva) do Parque Nacional, nunha área de gran valor natural na que se visitaron masas forestais con presenza de individuos de teixo de gran lonxevidade e porte, así como áreas cunha importante densidade de rexenerado desta especie.
Todos os asistentes sinalaron a importancia de eventos coma este para o intercambio de experiencias e coñecementos aplicados ao desenvolvemento destas actuacións, o que require un alto grao de especialización ante as dificultades técnicas detectadas. A visita serviu para poñer unha primeira pedra de cara a futuras colaboracións e intercambios na posta en marcha de medidas de conservación ex-situ do teixo coa finaliadde de mellorar o estado de conservación do hábitat dos teixadais (9580*), a través da súa propagación en viveiro como xeito de conservar o patrimonio natural e a biodiversidade do Norte da Península Ibérica.