LIFE BACCATA celebra o 25 aniversario do programa LIFE

LIFE BACCATA celebrou o pasado venres, 9 de xuño, o 25 aniversario da aprobación da Directiva Hábitats (DC 92/43/CEE) e da posta en marcha do programa europeo LIFE, avaliando o seu impacto e vantaxes sobre o medio ambiente durante un cuarto de século.
Para iso tivo lugar unha xornada na que 4 proxectos LIFE de Natureza e Acción polo Clima desenvolvidos nos últimos 25 anos en Galicia presentaron á audiencia o gran paso que supuxo a súa execución e posta en marcha, a través dos seus resultados, os desafíos superados, os beneficios ambientais proporcionados e o coñecemento xerado



Os relatores de LIFE BACCATA destacaron o enorme esforzo que supón este proxecto a prol da conservación dos bosques de teixo, considerados un tipo de hábitat prioritario de cara á súa conservación, razón pola que este proxecto conta coa máxima financiación (75%) da Comisión Europea.

Finalmente abriuse un pequeno espazo para que os asistentes puidesen realizar cuestións sobre os proxectos expostos.