Finalizada a plantación do arboreto de LIFE BACCATA en Galicia
03-05-2021
A última semana do mes de marzo de 2021 foi realizada a plantación do arboreto de LIFE BACCATA en Galicia. A plantación compúxose dun total de 20 teixos (Taxus baccata), que son representativos do acervo xenético da especie na ZEC Os Ancares - O Courel (ES1120001). Deste modo, o arboreto servirá como estratexia de conservación ex situ dos recursos xenético do teixo e os teixadais do devandito espazo protexido.
A devandita plantación foi realizada nos xardíns do Campus Terra (Lugo) da Universidade de Santiago de Compostela, por parte de IBADER e TRAGSA, ambos os dous beneficiarios de LIFE BACCATA. A situación da plantación proporcionaralle un marcado carácter didáctico, que fará chegar á poboación en xeral, e aos membros do Campus Terra en particular, o coñecemento e os valores dunha especie emblemática da paisaxe forestal galega, o teixo (Taxus baccata), así como do hábitat prioritario 9580* como un dos valores fundamentais da Rede Natura 2000 en Galicia.