Quenda para o seguimento das actuacións realizadas dentro do proxecto LIFE BACCATA

Foto 1: fotografía hemisférica para medir a fracción de cabida cuberta (proporción de chan que é cuberto pola proxección vertical das copas das árbores)

Os socios en Castela e León, Cesefor e a Junta de Castilla y León, iniciaron os traballos de seguimento das actuacións de conservación e mellora en varios dos rodais caracterizados dentro do proxecto Life Baccata.

Estes traballos de seguimento recóllense na acción D1, acción que deben realizar todos os socios para avaliar as repercusións das accións de conservación do proxecto sobre o hábitat 9580*, e así valorar a efectividade das actuacións de restauración, tomando decisións ao respecto, e incluíndo cambios ou execución de novas medidas.



Fotos 2 e 3: Estado do rexenerado tras cerramento de exclusión para evitar a herbivoría, Foto 4: cálculo de froitos en pés femininos.

Os obxectivos son:
  • - Vixiar a evolución do proceso de restauración
  • - Controlar os cambios que se produzan
  • - Corrixir a aparición de efectos indesexables
  • - Favorecer os procesos que se entendan beneficiosos para recuperar a naturalidade e biodiversidade do lugar.
  •  

A acción contempla a implementación das experiencias achegadas polos proxectos LIFE centrados no hábitat 9580* na Península Ibérica (LIFE12 NAT/PT/000950 e LIFE11 NAT/ES/000711). Con eles preténdese que os resultados dos diferentes proxectos sexan comparables e as súas conclusións reproducibles noutras áreas da Unión Europea.

Para iso estase realizando un seguimento conxunto, coordinado por IBADER, no que cada socio encárgase dos seus enclaves. Tivéronse en conta as contribucións dos seminarios inicial e intermedio (acción E1), así como da colaboración con outros proxectos europeos previos (acción E2).

Os traballos de seguimento realízanse, e seguiranse realizando de maneira periódica no futuro, en dous niveis ben diferenciados:

1. A pequeno detalle a través de parcelas circulares, nos que se realizarán inventarios dasométricos e florísticos.
2. A segundo nivel, onde se representarán os cambios na cobertura dos hábitats tomando como referencia unha serie de transectos nos que se recompila información relativa aos indicadores de seguimento.

Como indicadores de seguimento empréganse os identificados na Acción A1 polo equipo de expertos de Bioma Forestal, aos que se poden sumar outros específicos para cada enclave, posibilitando a valoración por  rodal ou grupo de rodais e tipo de actuación. En todos os casos acompáñanse das súas correspondentes fontes de verificación e protocolos de seguimento.


Foto 4: cálculo de froitos en pés femininos.

No caso de Castilla y León, os indicadores de seguimento son:

Factor 1. Produción de sementes: debe inferirse unha produción de froitos suficiente para permitir a dispersión de sementes e por tanto o fomento do rexenerado.
Factor 2. Existencia de varios tipos de rexenerado: Analízase a presenza de varias fases ou estadios de rexenerado para analizar os pulsos de rexenerado de Taxus baccata a diferente escala temporal no seu recrutamento.
Factor 3. Estimación sobre a carga de herbivoría-depredadores post-dispersivos (dano no rexenerado): Estímase a actividade de animais herbívoros (carga ou presión) sobre as plántulas de Taxus baccata, Ilex aquifolium e outras especies funcionais de interese.
Factor 4. Dendrodiversidade forestal: Estímase a riqueza en especies arbóreas autóctonas distintas a Taxus baccata e propias do hábitat.
Factor 5. Diversidade estrutural: Estímase a diversidade estrutural da poboación de teixos.

Ademais, estes indicadores poden ser obxecto de seguimento nunha escala a curto prazo marcada pola Directiva Hábitats, isto é, cada 6 anos. Son o resultado dunha simplificación máxima e están focalizados en boa parte, nos eventos de rexenerado e do estado de conservación do mesmo ao longo do seu desenvolvemento nos primeiros estadios (Factores 1 a 3).

Ademais, incluíronse dous supostos xa propostos no territorio vasco (González et al., 2012) para os hábitats arborados. Ditos supostos, foron adaptados para as características do Hábitat de Interese Comunitario 9580* na Acción A1 do proxecto, e relaciónanse coa diversidade e a estrutura de especies existente no hábitat (Factores 4 e 5).