O proxecto LIFE BACCATA finalizou a fase de caracterización e diagnose do hábitat 9580 *
04-09-2018
Finaliza a Acción A1 do proxecto LIFE BACCATA denominada "Caracterización e diagnose do hábitat 9580*”, cuxos obxectivos son a clarificación da interpretación do hábitat 9580 * en España, a obtención de información para a valorización a nivel local deste hábitat e definir unha metodoloxía para o desenvolvemento das seguintes accións.
Esta acción céntrase no hábitat 9580 *, actualmente cun estado de conservación 'Desfavorable-inadecuado’ na rexión atlántica e 'Desfavorable-Malo’ na mediterránea, segundo o informe sobre a aplicación da Directiva Hábitats no período 2007-2012 (artigo 17 da Directiva), tanto en España coma na UE. Recodemos que o teixo vén sufrindo unha serie de ameazas que inflúen directamente na biodiversidade das zonas que ocupa. Estas ameazas fóronse orixinando ao longo dos anos e son de diversa índole: os incendios, as cortas, a construción de infraestruturas, a fragmentación e falta de conexión entre estes espazos naturais ou as repercusións do cambio climático. Individualmente ou de xeito conxunto, estas ameazas puxeron en perigo a supervivencia desta especie, o seu hábitat e a biodiversidade que conteñen, por iso, faise necesario actuar e garantir o seu futuro de xeito sostible. Os traballos desta acción céntranse nos teixedais de quince lugares da Rede Natura 2000 da Cordilleira Cantábrica pertencentes a Galicia, Castilla y León, e Euskadi.
Afrontáronse dúas fases nesta Acción A1. Por un lado, realizouse un inventario de teixedais no seu ámbito de actuación, estudando o seu grao de conectividade e outros aspectos como a súa composición florística e a presenza de especies ameazadas e exóticas. A cartografía do hábitat mediante o traballo de campo e o estudio da relación da poboación cos teixedais e como estas influíron nos usos tradicionais, culminaron esta primeira fase. Por outra banda, seleccionáronse os indicadores necesarios para avaliar as repercusións do proxecto sobre o hábitat en concordancia co establecido pola Directiva Hábitats. Agora iníciase a seguinte acción centrada na planificación técnica da conservación.
O proxecto LIFE BACCATA ten por obxectivos implantar as medidas de protección e xestión forestal necesarias que promovan a mellora do estado de conservación e restauración do teixo e os teixedais, fomentando a súa rexeneración natural. Asimesmo, persegue a conservación das especies de flora e fauna que os habitan, e contribuír a frear a perda de biodiversidade.
O proxecto LIFE BACCATA está cofinanciado pola Comisión Europea no marco da Convocatoria LIFE e desenvólvese entre 2016 e 2020 en quince lugares da Rede Natura 2000 da Cordilleira Cantábrica e pertencentes a Galicia, Castilla y León, e Euskadi. Participa como coordinador do proxecto o IBADER da Universidade de Santiago de Compostela e como socios a Junta de Castilla y León, Cesefor, Fundación Hazi e Grupo TRAGSA.