O proxecto LIFE BACCATA finalizaba o pasado 30 de setembro de 2021, cumprindo, e mesmo superando, os obxectivos e resultados esperados ao seu comezo. Especialmente en Galicia o proxecto executou unha interesante estratexia para a restauración do hábitat 9580*, extrapolable á mellora doutros hábitats naturais, especialmente os tipos de hábitats forestais.