Reunión de coordinación das actuacións en Castilla y León do proxecto LIFE BACCATA

O pasado martes 15 de xaneiro os socios de Castilla y León que participan no proxecto LIFE BACCATA (Junta de Castilla y León e a Fundación Cesefor) reuníronse na Casa do Parque de Cervera de Pisuerga (Palencia) para analizar o seu estado de execución na rexión.

Neste novo encontro programáronse as actuacións correspondentes ao ano 2019, xa deseñadas na acción A2 (Planificación técnica das accións de conservación). Dentro destas accións destacan tratamentos selvícolas para mellorar o hábitat 9580 * (acción C2), plantación de especies características deste hábitat (acción C3), medidas de control da herbivoría (acción C4: cerramentos de exclusión para protexer o rexenerado de teixo, etc.), protección contra afeccións non naturais (acción C5), creación de tres arboretos (dentro da acción C6), etc.

O lugar elixido para a reunión, ZEC "Fontes Carrionas e Fonte Cobre-Montaña Palentina" permitiu visitar dous rodais de teixo caracterizados na acción A1 do presente proxecto. Nun deles, creouse unha "parcela de exclusión" mediante cerramento cinexético para evitar a entrada de grandes herbívoros como son os cervos, os cales adoitan ramonear as plántulas de teixo evitando que prosperen. Os resultados están a ser moi positivos, existindo dentro da parcela un rexenerado abundante, tanto de teixo coma de acivro. Tamén se instalaron protectores individuais para protexer plántulas de teixo illadas.

Figura 1. Detalle do cerramento instalado no rodal para protexer o rexenerado de teixo dos herbívoros (especialmente do cervo).








A diferenza entre o rexenerado de fóra e dentro da parcela é evidente. Fóra da parcela de exclusión se atopan soamente plántulas de teixo do primeiro ano, non obstante, dentro da parcela, obsérvanse plántulas do ano e outras máis desenvolvidas, xa que teñen a posibilidade de prosperar ao non ter a presión herbívora que teñen as plántulas de fóra.

Figura 2. Teixo rexenerado dentro da parcela de exclusión do rodal.









Outra actuación realizada neste mesma rodal foi unha apertura do dosel de faia, co obxecto de facilitar a entrada de luz ao dosel inferior que forma o teixadal.

No outra rodal visitado valoráronse in situ as actuacións de conservación a realizar neste.