Replicación da estratexia de restauración de LIFE BACCATA en Galicia
03-05-2021
Con motivo da execución do proxecto LIFE BACCATA, o IBADER do Campus Terra (Lugo) da Universidade de Santiago de Compostela levou a cabo unha experiencia de intercambio e transferencia de información e coñecemento xerados polo proxecto coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), acerca da conservación e restauración de hábitats arboredos con teixo (Taxus baccata).
A experiencia levouse a cabo en Eira da Xoana (A Golada, Pontevedra), fundación sen ánimo de lucro na que ADEGA leva a cabo experiencias de educación e recuperación do patrimonio natural. O IBADER, na súa condición de entidade executora das accións de restauración dos bosques de teixo en Galicia, doou a ADEGA parte da planta xerada polo proxecto como material forestal de reprodución, para celebrar unha xornada de plantación de teixos. Desta forma, o pasado 6 de marzo ADEGA organizaba unha xornada de plantación dos teixos producidos por LIFE BACCATA, de forma que con este evento se replicaron as técnicas empregadas e os resultados obtidos polo proxecto.
A planta xerada por IBADER ten como orixe material xenético de Galicia, de forma que o proxecto asegurou o emprego de material local compatible durante os traballos de restauración, evitando a contaminación xenética que acontece cando se introducen ecotipos foráneos. O emprego da planta xerada por IBADER con motivo de LIFE BACCATA, asegura a replicación dos resultados do proxecto por parte de ADEGA.
Esta xornada ADEGA enmarcouna na súa campaña "O teixo: tempo ao tempo", na que se pon en valor unha especie arbórea de crecemento lento que é emblemática do monte galego, e que serve de metáfora para reivindicar un estilo de vida pausado, respectuoso co medio natural, cos hábitats e as especies. Deste modo, LIFE BACCATA xerou unha interesante sinerxía con esta interesante campaña.