Os traballos de mellora do hábitat prioritario 9580 * no Parque Natural de Pagoeta (Gipuzkoa) avanzan a bo ritmo
25-01-2019
As poboacións de teixo -especie característica do hábitat prioritario 9580 *- no Parque Natural de Pagoeta (Gipuzkoa) están ben representadas. Contan cun importante número de exemplares e grazas á xestión deste espazo natural a súa dinámica de rexeneración é importante.
Non obstante, obsérvanse dúas situacións nas que resulta necesario intervir.

Figura 1 Abundante rexenerado de teixo e acivro nun faial aclarado hai dous anos
Por un lado, hai exemplares femia de certo porte que deberían estar a producir sementes pero non o fan por estar dominados por outras formacións arbóreas. A falta de luz fai que estas "matriarcas" reduzan a súa capacidade reprodutora. Isto é especialmente relevante en Pagoeta, xa que os teixos de maior idade son pouco abundantes.
Por outro lado, hai amplas zonas que si que reciben sementes de teixo e as súas especies acompañantes (acivro, estripeiro e xilbarda), pero que teñen unha cuberta arbórea tan densa que impiden o seu desenvolvemento. Isto é especialmente acusado nalgunhas plantacións de piceas, ciprés de Lawson e abeto Douglas, aínda que tamén en bosques autóctonos como faiais.

Figura 2 Apertura dun claro en torno a un teixo femia. Pode apreciarse a defoliación da súa copa e a presenza de ramas mortas, signos de falta de luz.
Para reverter ambas as dúas problemáticas,Hazi Fundazioa contratou uns traballos forestais destinados a crear claros forestais en torno a "matriarcas" produtoras de sementes, co fin de que reciban suficiente luz.
Tamén se están a aclarar masas forestais que reciben sementes das especies características do hábitat prioritario 9580 *. Para iso realízanse tallas e anelamentos de arboredo. Esta última técnica, que consiste en realizar unha incisión perimetral nas árbores, permite ademais xerar madeira morta en pé (snags), un aspecto de interese para favorecer a biodiversidade dos bosques de Pagoeta.
Os traballos, que comezaron este outono, prolongaranse tamén ao longo do inverno seguindo as directrices da Diputación Foral de Gipuzkoa, que xestiona este Parque Natural.

Figura 3 Rodal aclarado para favorecer o rexenerado de teixo e as súas especies acompañantes. Os restos de corta, especialmente as ramas, esténdense para atraer á fauna dispersora e ofrecer unha primeira protección para o rexenerado.