O Parque Natural de Pagoeta (Gipuzkoa) xa conta cun sendeiro divulgativo sobre o teixo e os teixadais

Concluíron os traballos de adecuación e sinalización deste sendeiro homologado, que inclúe un panel informativo, varios fitos con información de cada parada divulgativa e un folleto para favorecer as visitas autoguiadas. Tamén se intensificaron os traballos para favorecer o teixo nas súas inmediacións, principalmente posta en luz, para que o sendeiro sirva de mostra das accións do proxecto.

Ademais, percorreuse co persoal do Parketxe (centro de interpretación) e entregóuselles un guión de contidos para que poidan transmitir resultados do proxecto nas súas actividades divulgativas.

Cando as restricións relativas á COVID-19 o permitan, realizaranse visitas guiadas organizadas polo proxecto.

not_gip_02_b.png