Comezan os traballos de plantación no enclave galego de LIFE BACCATA
14-10-2019
O pasado 1 de outubro comezaban os traballos relativos á acción C3 de LIFE BACCATA en Galicia, consistentes nunha plantación forestal con especies características do hábitat 9580*, coa finalidade de aumentar a superficie do mesmo, e en consecuencia conseguir a mellora do seu estado de conservación. Os traballos de reforestación son levados a cabo por TRAGSA, beneficiario asociado de LIFE BACCATA, empregando as plantas producidas polo IBADER do Campus Terra, socio coordinador do proxecto.
A superficie abranguida pola repoboación forestal ascende a 15 ha, as cales se sitúan íntegramente no Monte Veciñal en Man Común de Riocereixa (Pedrafita do Cebreiro, Lugo), dentro da ZEC Os Ancares - O Courel (ES1120001).
Os traballos prolongaranse durante o mes de outubro de 2019, de xeito que a repoboación quede finalizada antes da primeira nevada na tempada invernal.