Finalización dos traballos de recollida, almacenamento e cultivo de especies características do hábitat 9580* en Galicia

O proxecto LIFE BACCATA persegue a mellora do estado de conservación do hábitat 9580* en 15 ZEC da Cordilleira Cantábrica, actuando sobre os indicadores de estado de conservación do hábitat: área de ocupación, estrutura e funcións e perspectivas futuras. En Galicia, o proxecto actuará sobre 15 ha situadas no Monte Veciñal en Man Común (MVMC) de Riocereixa (Pedrafita do Cebreiro, Lugo), dentro da ZEC Os Ancares - O Courel (ES1120001), na superficie da cal se realizará a eliminación dun piñeiral de repoboación (Acción C2) e restaurarase o tipo de hábitat 9580* mediante unha plantación forestal coas súas especies características (Acción C3), de forma que se eliminarán afeccións sobre o tipo de hábitat e se aumentará a superficie ocupada por este, así como se mellorará a súa estrutura, composición e conectividade, redundando todo iso nunha mellora do seu estado de conservación.

Nunha primeira fase procedeuse a recoller o MFR das especies características do hábitat 9580* de acordo ao Manual de Hábitats de Galicia (Taxus baccata, Quercus petraea, Fagus sylvatica, Betula pubescens, Sorbus aucuparia, Ilex aquifolium, Corylus avellana). A cantidade de planta necesaria estimouse en función da superficie total a repoboar, e as proporcións das especies dominantes e acompañantes deste tipo de hábitat segundo o Manual de Hábitats de Galicia. A programación temporal dos traballos de recollida realizouse fóra dos períodos críticos para as especies de interese para a conservación que teñan o seu hábitat nas áreas de recollida do MFR.

Unha vez a planta recollida na primeira fase chega ao viveiro, comezan os traballos de almacenamento e preparación da planta para o seu cultivo e engorde. No caso das especies procedentes de semente o seu cultivo foi relativamente sinxelo, mediante a súa sementeira en bandexas para a súa xerminación ordenada e controlada (con malla de sombreo ou invernadoiro, substrato de vermiculita e perlita, rego e humidade controlados, etc.), coa finalidade de que poidan crecer sen dificultade ata que a planta estea lista para ser destinada ao repoboación. No caso da planta procedente de varetas, estas foron preparadas, cortadas e tratadas para a produción de planta mediante estaquilla.

Todo este proceso, que transcorreu dende o ano 2017 ata a primavera de 2019, permitiu a produción de planta forestal suficiente en calidade e cantidade para asegurar o repoboación das 15 ha do MVMC de Riocereixa obxecto do proxecto. As cifras de produción por especie de planta dispoñible de LIFE BACCATA na súa localidade de Galicia son as seguintes:

 
Taxus baccata > 4.000 plantas
Betula pubescens > 3.000 plantas
Fagus sylvatica > 2.000 plantas
Quercus petraea > 2.000 plantas
Sorbus aucuparia > 1.000 plantas
Ilex aquifolium > 1.000 plantas
Corylus avellana > 200 plantas
A planta producida é apta para o seu emprego en repoboación, xa que se atopa en envase forestal, posúe unha altura e diámetro suficientes, así como o desenvolvemento da súa raíz é considerable, sen grandes enrolamentos xa que o volume do envase foi o suficientemente espazoso para permitir o crecemento radicular sen problemas.