O proxecto LIFE BACCATA participa nun evento de servizos ecosistémicos en Tallinn (Estonia)
10-05-2017
O IBADER, como beneficiario coordinador do proxecto LIFE BACCATA, asistiu ao evento "COSTING THE EARTH? – TRANSLATING THE ECOSYSTEM SERVICES CONCEPT INTO PRACTICAL DECISION MAKING", organizado polo LIFE VIVA GRASS en Tallinn (Estonia) durante os días 10-12 de maio de 2017.
O evento abordou todos os aspectos estratéxicos da inventariación e valoración dos servizos prestados polos ecosistemas, así como a toma de decisión baseada neste enfoque que na actualidade se está a convertir como unha das alternativas de maior aptitude para valorar as repercusións que as nosas actividades posúen sobre o medio ambiente.
Ao evento asistiron máis de 100 asistentes que proviñan de 18 países, a maior parte Estados membros da UE. No transcurso das diferentes sesións, os membros do IBADER intercambiaron puntos de vista e compartiron coñecementos e metodoloxías co resto de asistentes, resultando unhas xornadas moi proveitosas ao mesmo que satisfactorias, permitindo a replicabilidade das accións de LIFE BACCATA ao resto de proxectos, e incorporando as leccións aprendidas polos mesmos ao ámbito do proxecto coordinado polo IBADER. O coñecemento doutras realidades a través dos diferentes proxectos implicados, posibilitou que xurdisen tamén interesantes contactos que no futuro se poden materializar en posibles colaboracións para desenvolver novos proxectos, investigacións ou intercambios de información.
O proxecto LIFE BACCATA, coordinado polo IBADER de Lugo, posúe como obxectivo a mellora do estado de conservación do tipo de hábitat prioritario 9580* “Bosques mediterráneos de Taxus baccata” en 15 Espazos Protexidos da Rede Natura 2000 da Cordillera Cantábrica, mediante o incremento da súa área de ocupación, a mellora da súa estrutura e funcionalidade, así como das súas perspectivas futuras. O proxecto abrangue igualmente unha serie de medidas de difusión e transferencia dos resultados acadados, así como un programa de información e sensibilización ao público en xeral sobre a importancia do hábitat 9580*, os valores da biodiversidade albergada, e os servizos prestados polos ecosistemas abordados polo proxecto.