O proxecto Life Baccata xa está a traballar na CARACTERIZACIÓN E DIAGNOSE PREVIA DO HÁBITAT PRIORITARIO "BOSQUES MEDITERRÁNEOS DE TAXUS BACCATA (9580 *)" DA CORDILLEIRA CANTÁBRICA"
02-06-2017
![](https://life-baccata.eu/sites/default/files/styles/blog_picture_content/public/not_logo_baccata_01_0.png?itok=TsxWgHZf)
O obxecto do traballo é a execución dos traballos de caracterización e diagnose previa do hábitat prioritario 9580 *, "Bosques mediterráneos de Taxus baccata", presente en diferentes espazos da Rede Natura 2000 da Cordilleira Cantábrica.
A caracterización, diagnose e avaliación da situación inicial do devandito hábitat correspóndese coa acción preparatoria do proxecto LIFE BACCATA orientada a obter a información necesaria para desenvolver a planificación técnica das accións de conservación e o seguimento das repercusións do proxecto. Achegará información relevante para clarificar a interpretación do hábitat 9580*, actualizar a súa cartografía, os formularios Nat2000 e a valorización deste hábitat.
Ademais o estudio etnocultural dos teixedais nos enclaves de actuación é necesario para orientar o programa de divulgación do proxecto, implicar á poboación local na conservación dos teixedais, así como para valorizar este hábitat e a súa relación coa poboación local.