LIFE BACCATA caracteriza máis dun centenar de teixadais na Cordilleira Cantábrica e amosa o seu traballo a través deste vídeo
12-08-2021
As equipas do proxecto LIFE BACCATA desenvolveron o traballo para caracterizar os faiais do Parque Natural de Aralar, que forma parte da Rede Natura 2000, xa que é unha Zona de Especial Conservación. O traballo realizado reflectiuse a través do seguinte vídeo informativo no que se explica como a través da cartografía se puido coñecer a verdadeira ocupación deste hábitat onde os teixos, acivros, pradairos e tileiros conviven baixo a densa fraga dominante. Para comprender a relación ecolóxica entre faias dominantes e teixos sometidos, elaboráronse parcelas de seguimento empregando as técnicas máis avanzadas en xeomática.
O resultado é un modelo 3D con 16 millóns de puntos que serviu para validar accións de mellora do hábitat que inclúen cerramentos para reducir a presión herbívora e tratamentos silvícolas emulando pequenas perturbacións naturais. Os teixos responden aumentando a produción de froitos e o crecemento da súas copas, activando unha cadea de procesos ecolóxicos que favorecen a dispersión do hábitat.
Estas accións contribuíron a mellorar o estado de conservación dun hábitat considerado de interese comunitario prioritario pola Unión Europea.