Finalizan as actuacións selvícolas de mellora do hábitat 9580 * en Galicia

O proxecto LIFE BACCATA está cofinanciado pola Comisión Europea no marco da Convocatoria LIFE e desenvólvese entre 2016 e 2020 en quince lugares da Rede Natura 2000 da Cordilleira Cantábrica, pertencentes a Galicia, Castilla y León, e Euskadi, coa finalidade de mellorar o estado de conservación dos bosques de teixo (9580*). Participa como coordinador do proxecto o IBADER da Universidade de Santiago de Compostela e como socios a Junta de Castilla y León, CESEFOR, Fundación HAZI e Grupo TRAGSA.

Entre as distintas actuacións do proxecto, a Acción C2 consiste no desenvolvemento de actuacións selvícolas orientadas á eliminación das presións e ameazas sobre o estado de conservación do hábitat 9580*, mediante o aumento da súa área de ocupación e a mellora da súa estrutura e funcionalidade. Dentro do territorio galego, esta acción comprendeu unha superficie de 15 ha dentro da ZEC Os Ancares - O Courel (ES1120001), na que se realizou a eliminación dunha antiga plantación monoespecífica de Pinus sylvestris. A actuación de obra foi executada por TRAGSA, en colaboración con IBADER, que realizou a asesoría científico-técnica dos traballos, velando porque non se afecte o estado de conservación dos elementos clave da biodiversidade. A superficie onde se executou esta acción queda preparada para o desenvolvemento da Acción C3, na que se realizará unha plantación con especies características do hábitat 9580*, de acordo ao Manual de Hábitats de Galicia, coa finalidade de alcanzar a súa restauración.
foto_2_1.jpg


















A titularidade dos terreos onde se executa a actuación é un Monte Veciñal en Man Común (MVMC) da comunidade de veciños de Riocereixa (Pedrafita do Cebreiro, Lugo). Esta comunidade expresou o seu apoio ao proxecto, asinando un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela como responsable do desenvolvemento das actuacións os seus predios. A complicidade e participación do MVMC é un grande valor engadido para o proxecto, posto que actuaron como axentes crave ao considerar que o desenvolvemento de LIFE BACCATA nos seus predios é positivo e mellora o estado de conservación das súas propiedades.

foto_1.jpgAo executarse nun espazo Natura 2000 (ZEC Os Ancares - O Courel, ES1120001), a actuación non soamente foi sometida a autorización do organismo competente en materia de xestión de montes, senón tamén do competente en materia de conservación da natureza e xestión de espazos protexidos. Deste modo, non existiron conflitos entre ambos os dous ámbitos de xestión: ao contrario, as labores selvícolas foron autorizadas polo primeiro, mentres que o segundo autorizou igualmente a actuación entendido que as tarefas do proxecto están encamiñadas a alcanzar un estado de conservación favorable do hábitat 9580*, e polo tanto contribúen ao cumprimento dos obxectivos da súa propia política sectorial.

Tamén foron consultados o organismo competente en materia de patrimonio cultural, e o organismo de cunca, resultando en ambos os dous casos que non era necesario tramitar ningunha solicitude de autorización a estes organismos, posto que non se afectaba a ningún dos valores a preservar por ambas as dúas entidades.

foto_4.jpgO MVMC atópase xestionado polo organismo competente en materia de xestión de montes mediante un consorcio, que regula os aproveitamentos forestais nesta masa. A existencia deste consorcio constituíu un reto á hora de poñer en marcha as actuacións selvícolas incluídas no proxecto, xa que foi necesario celebrar reunións adicionais e xerar documentos específicos para a preparación dos informes técnicos e as autorizacións legais no marco do consorcio. Non obstante, a elevada experiencia que IBADER e TRAGSA posúen na elaboración deste tipo de documentos, posibilitou que lonxe de ser un escollo á hora de implementalo, resultou ser un valor engadido ao proxecto, xa que xerou unha importante sinerxía compatibilizando as vellas figuras contractuais (como o consorcio, que data de 1955) coa execución de actuais proxectos de conservación dos recursos naturais (como o proxecto LIFE BACCATA).

foto_10.jpgO desenvolvemento dos traballos selvícolas de eliminación dunha antiga plantación monoespecífica de Pinus sylvestris de 15 ha no MVMC de Riocereixa (Pedrafita do Cebreiro, Lugo) prolongouse dende setembro de 2018 ata maio de 2019, cando finalizou todo o proceso. A elevada vulnerabilidade da zona Natura 2000 (ZEC Os Ancares - O Courel ES1120001) onde se desenvolven os traballos, a escarpada orografía, e as difíciles condicións climáticas (nevadas cunha recorrencia sempre inferior a 3 semanas dende outubro de 2018 ata abril de 2019), motivaron este atraso. Por todo iso, unha vez se dispoñía das pertinentes autorizacións, realizáronse diversas visitas co equipo encargado da curta do piñeiral, previamente ao comezo das actuacións, para clarificar métodos e estratexias de actuación, formas de evitar impactos, e planificar correctamente o desenvolvemento dos traballos.

Unha vez clarificado, comezouse co apeo manual, empregando para iso operarios equipados con motoserra e os equipos de protección individual necesarios para a súa seguridade. O apeo realizouse buscando sempre as vías de derrubamento que respecten ao máximo o rexenerado natural de especies características do hábitat 9580* (Sorbus aucuparia, Betula pubescens, etc.), xa que servirán como primeiro avance para o restablecemento dun dosel de vexetación característico do tipo de hábitat, complementario coa restauración que se realizará con posterioridade.

foto_3.jpgfoto_7.jpgfoto_8.jpg
 
Tras a operación de apeo, procedeuse á apertura dunha serie de vías de saca en número e traxectoria sen causar impacto sobre os compoñentes naturais (solo, xea, surxencias, especies, etc.). A apertura destas vías permite o torado da madeira no monte, e polo tanto a retirada desta de forma segura e sen afectar o rexenerado natural. Unha vez finalizados o torado e o desembosque, as vías de saca son pechadas e restauradas.
O torado realizouse cunha procesadora, que aproveitou as vías de saca para transitar polo monte seguindo curvas de nivel (horizontalmente) e procesar os fustes apeados a ambos os dous lados en toradas de 2,15 metros de lonxitude, deixando a madeira torada en pequenas pilas a pé de vía de saca. As árbores apeadas ás cales non chegou o brazo da procesadora, foron cableadas ata as proximidades da vía de saca con axuda dun pequeno tractor e dous operarios, de modo que toda a madeira apeada foi torada pola procesadora.