Os datos de LIFE BACCATA contribúen ao incremento do coñecemento do teixo en Europa

O proxecto LIFE BACCATA persegue a mellora do estado de conservación do hábitat 9580* en 15 ZEC da Cordilleira Cantábrica, actuando sobre os indicadores de estado de conservación do hábitat: área de ocupación, estrutura e funcións e perspectivas futuras. O proxecto executou de forma satisfactoria a súa estratexia de conservación e restauración, contribuíndo tamén á mellora do coñecemento sobre o hábitat 9580* e a súa especie principal, Taxus baccata, e xerando un elevado interese noutros actores e entidades da Unión Europea.

Como consecuencia dos traballos das poboacións de teixo no Norte da Península Ibérica, derivábase a publicación do artigo "Genetic diversity and structure of Taxus baccata from the Cantabrian-Atlantic area in northern Spain: A guide for conservation and management actions", publicado no Volume 482 de Forest Ecology and Management, prestixiosa revista do ámbito forestal. A relevancia dos datos de LIFE BACCATA foi de tal calibre que non solo transcendeu a súa validez a nivel da Cordilleira Cántábrica, senón que a información foi compartida co Centre de Recerca Ecològica i Aplicacions Forestals (CREAF), permitindo ampliar a contextualización dos resultados do proxecto, contrastándoos cos traballos previos de caracterización xenética do teixo a nivel peninsular.

Deste modo, dende o 21 de setembro de 2021 atópase dispoñible online o artigo "Shaping the niche of Taxus baccata, a modelling exercise using biologically meaningful information", publicado no Volume 501 de Forest Ecology and Management, no cal se achega unha valiosa información para unha mellor implementación das políticas de conservación e xestión da especie. O artigo incorpora os datos recompilados pola acción C6 de LIFE BACCATA das máis de 1.000 mostras de teixo de 49 localidades repartidas en 30 ZEC da Rede Natura 2000 do Norte da Península Ibérica.

A publicación deste artigo redunda no valor dos traballos realizados dende o proxecto LIFE BACCATA, e a oportunidade que representa o programa LIFE como ferramenta máis axeitada para desenvolver iniciativas para a conservación de hábitats naturais en Natura 2000, que de non existir o programa probablemente non serían postas en execución. Este tipo de proxectos resultan vitais, xa que permiten xerar coñecemento que poida ser incorporado á toma de decisións á hora da xestión e conservación dos compoñentes clave para a biodiversidade, e que pode ser obxecto de networking entre os distintos axentes europeos implicados para a súa transferencia e replicabilidade a longo prazo.