Material divulgativo

O proxecto LIFE BACCATA traballa pola conservación e restauración do hábitat prioritario do teixo, actualmente ameazado e en regresión, en quince lugares da Rede Natura 2000 da Cordilleira Cantábrica e pertencentes a Galicia, Castilla e León, e País Vasco.

A regresión que vén sufrindo inflúe directamente nas zonas que ocupa debido a certos factores que o ameazan como os incendios, as curtas, a construción de infraestruturas, a falta de conexión entre estes espazos naturais e o cambio climático. Individualmente ou de xeito conxunto, estas ameazas puxeron en perigo a supervivencia desta especie, o seu hábitat e a biodiversidade que conteñen, por iso, faise necesario actuar e garantir o seu futuro de xeito sostible.

O proxecto LIFE BACCATA aplicará as medidas de protección e xestión forestal necesarias que promovan a mellora do estado de conservación e restauración do teixo e os teixedais, fomentando a súa rexeneración natural, e o das especies de flora e fauna que os habitan, e contribuirá a frear a perda de biodiversidade.

A campaña de sensibilización e información que se desenvolve no proxecto está dirixida á poboación escolar, usuarios directos do hábitat ou relacionados con el, tales como propietarios de montes, gandeiros, asociacións forestais e ganaderos,… e a poboación en xeral.

Para desenvolver esta campaña informativa e divulgativa, elaboraranse diferentes materiais como:

  • - Exposición itinerante
  • - Paneis informativos en sendeiros, en talleres de formación e cursos.
  • - Panel informativo xeral do proxecto en cada provincia na que se desenvolve o proxecto situados en zonas de alta visibilidade.
  • - Carteis.
  • - Folleto divulgativo.
    - Material de merchandising.
     

Este material porase a disposición dos usuarios segundo se vaia editando.