Visita anual de seguimiento a LIFE BACCATA

O equipo externo de monitoreo LIFE (NEEMO), representado por Ainhoa Darquistade Fadrique, realizou a visita anual ao proxecto LIFE BACCATA, celebrada en Ojo Guareña, en Burgos.

Trátase da segunda visita anual de seguimento, celebrada o 11 de xuño de 2018, do equipo externo de NEEMO ao proxecto LIFE BACCATA. Ao acto asistiron todos os beneficiarios do proxecto (IBADER, TRAGSA, HAZI, CESEFOR, Junta de Castilla y León), que participaron presentando ao equipo de seguimento os progresos do proxecto nos seus respectivos ámbitos de actuación.

A reunión de seguimento técnico, económico e administrativo foi celebrada durante a mañá na Casa del Parque de Ojo Guareña, situada en Quintanilla del Rebollar (Merindad de Sotoscueva, Burgos), dentro da ZEPA Ojo Guareña (ES4120005).

Durante a xornada de tarde, os asistentes visitaron Arceo (Valle de Mena, Burgos), na ZEC Valle de Mena (ES4120049), onde LIFE BACCATA realizou un proxecto de peche para evitar os efectos da herbivoría sobre o rexenerado de Taxus baccata, así como eliminación de competencia e favorecer a conservación do hábitat 9580 *, a través do persoal da Junta de Castilla y León.

A xornada permitiu avaliar o grao de cumprimento do proxecto, solucionar as dúbidas xurdidas, e achegar indicacións e orientacións a todos os socios que permitan unha mellor implementación das accións consideradas.