O teixo. Léxico e tiponimia na zona de estudio do LIFE BACCATA

A palabra teixo provén en primeiro termo do latín "taxus", a pesares de que non hai un acordo acerca do termo do cal provén esta forma latina. Nuns casos opínase que o latín "taxus" provén do grego "taxis", o significado máis probable do cal é o de "fila", "ordenación”, posiblemente relacionado coa disposición das follas sobre as ramas en dúas filas ao longo dos ramiños (a ciencia que estuda esta disposición, por exemplo, chámase filotaxis). Outros afirman que "taxus" provén do vocábulo "taxon", que en grego significa arco, e que polo tanto este termo derivaría do emprego preferente da madeira de teixo para elaborar os arcos dende a antigüidade. E nun terceiro caso, considérase que "taxus" vén do termo grego "toxon" en referencia directa á toxicidade do teixo, tan coñecida de antigo e temida polo home.

As tres versións resultan interesantes e plausibles á vez. En todo caso, o presente documento realiza unha revisión dos nomes do teixo e o seu reflexo na toponimia nos territorios onde o proxecto LIFE BACCATA se atopa executando accións concretas de conservación, para a restauración e mellora dos bosques de teixo (hábitat 9580*).

Os nomes do teixo en Castilla y León

En Castilla y León coñécese de xeito xeral como "tejo", aínda que tamén se lle chama "teixo", "teixeiro” e "teixeira", na zona máis noroccidental, lindando con Galicia e Asturias. Próxima raíz teñen outras acepcións que conflúen con Asturias: "texu" e "tixu", recolléndose tamén nesta zona norleonesa os termos "tesio" e "teijo".

teixadal-de-burbia-i_0.jpgEn Sanabria é coñecido nalgunhas localidades como "Teyo" pero tamén como "Ramo", mentres que na provincia de Burgos se atopan dúas orixes ben diferentes; o primeiro afín á raíz castelá: "teixo negro" na Serra de Besante. Este nome podería ter relación co nome que recibe o tileiro en certas montañas da provincia: "teixo branco" (Cortes et al, 2000). Xa no Condado de Treviño e con influencia vascona, recóllese o nome de "Agin" e os seus derivados "Hagin", "Agina", "Aginal", etc., dos que se recolleron varios topónimos en diferentes localizacións desta bisbarra. Por último, outra forma de chamar ao teixo podería partir da raíz "Iba (Iva)" relacionada ademais con "Ebur", "Ibor, "Ivor", "Ibur" e outros, que dependendo dos autores, o atribúen a raíces celtas, a máis estendida e probable, (ver p.e. Delahunty, 2002 ou Hagueneder, 2007), ou mesmo a meramente mediterráneas (García-Pérez, 2009). Así, o nome que reciben as tribos do teixo que viviron no arco atlántico en época prerromana coñecidos como "Eburones" ou "Eburos", parecen ter concordancia léxica. Existen canto menos curiosas coincidencias destas acepcións en zonas emblemáticas das montañas castelán-leonesas, caso de Burbia (imaxe 1), nos ancares leoneses; Burón, a beiras do Esla e preto de Mampodre; Veiga de Bur, preto de Dehesa de Montejo na montaña palentina; ou La Bureba burgalesa.

Os nomes do teixo en Euskadi

O teixo é coñecido amplamente en euskera sobre todo como Agin, Hagin, Hagina, Hagintze e Agiña. A orixe etimolóxica desta palabra é incerta e diversos autores formulan varias hipóteses con diferentes significados non necesariamente relacionados. Por exemplo, Guinea (1948) expón que teixo en euskara procede da raíz Hagina (moia, molar), porque o seu froito envolvido no arilo así o recorda. Outros autores relaciónano coa raíz Agin ou Agintari que significa líder, liderar, en clara alusión a unha suposta calidade de superioridade desta árbore que curiosamente coincide con apreciacións realizadas por outras civilizacións moi afastadas, por exemplo de acordo á cultura indíxena tradicional do pacífico norteamericano onde o teixo é "o xefe de todas as matas". De similar significado éo tamén para a cultura tradicional nalgunhas zonas do Xapón.

Tamén se inclúe a posibilidade de relacionalo coa raíz Adín, que significa "idade, entendemento, xuízo" o cal podería ter relación coa súa condición de árbore de xuramento, de reunión, como unha entidade testemuñal do pactado, con funcións xurídicas, sen esquecer as relixiosas. De acordo a outras acepcións, Aguin pode estar relacionado co significado de Agindu, Agintea e Agintaritza que significa "mandar, ordenar, prometer" distanciándose relativamente de "fila ou orde" (no sentido da disposición pareada das súas follas) ao que, curiosamente, outros autores fan alusión; esta vez dende a súa raíz latina Taxus.

Argin pode ser un nome arcaico do teixo pero púidose confundir con Hargin (cantero). Algúns topónimos como o de Argiñeta en Elorrio (necrópole) parecen moi claramente relacionados cunha orixe baseada na antiga relación da árbore coa morte.

Os nomes do teixo en Galicia

En Galicia existe practicamente unha total coincidencia en denominar ao teixo en galego como "teixo", se ben son empregados con relativa frecuencia os termos "teixeira" ou "teixeiro". Non obstante, existe unha grande cantidade de topónimos derivados do nome latino do teixo (Taxus), tales como: Teixeda, Teixedais, Teixedelos, Teixidelos, Teixedo, Teixeira, Teixeiro, Teixide, Teixido, Teixidón, Teixidos, Teixín, Teixiz, Teixo.

Esta abundancia de topónimos permite emitir hipóteses sobre unha elevada presenza de teixos no pasado ou cando menos coa enorme difusión que esta especie tivo en Galicia, e a estreita relación que tiña coa súa poboación, formando parte da paisaxe agrícola e forestal, acompañando a un innumerable conxunto de casas rurais en entidades de poboación de diversa índole, así como presidindo os xardíns de importantes pazos ou nos adros de igrexas e cemiterios de toda Galicia. Ademais, boa parte dos topónimos citados confirman a existencia xeneralizada desta especie na paisaxe arborada, xa que se refiren a formacións de teixos (Teixeda, Teixedal, Teixedelos, Teixidelos, Teixedo, Teixido), e non solo a árbores illadas ou singulares (Teixo, Teixín, Teixiz, Teixeiro, Teixeira).

En ocasións existen dúbidas con que algún destes termos poidan ser relativos ao teixugo (Meles meles), coñecido en galego tamén como "porco teixo". A este animal adoitan asociarse os topónimos "teixón", "teixueira", "teixugueira", "teixoeira. Tamén existe a hipótese sobre que os topónimos que derivan do teixo proveñan dunha transformación dos orixinalmente empregados para aquelas áreas ou instalacións nas que se fabricaban tellas ("telleira", "telleiro”).

Aínda que todos os nomes aquí citados proveñen do nome latino "Taxus", non se descarta en Galicia a posible existencia dalgún topónimo indoeuropeo, derivado de nomes como "eburus" ou "ivus" ou "iva", dos cales derivan a denominación do teixo en francés (if) ou alemán (eibe). Nesta liña, é posible citar un conxunto de termos en Galicia, entre os que o máis representativo é A Pobra de Burón, no municipio lucense de A Fonsagrada, bisbarra que é especialmente profusa na presenza do teixo en casas, pazos, igrexas e cemiterios (con algúns individuos incluídos no Catálogo Galego de Especies Senlleiras), e mesmo cunha presenza notable nos bosques naturais chegando a formar pequenos teixadais. Non obstante, é posible identificar outros topónimos como Ibedo ou Eibedo, que aparentemente tamén poden ter a mesma raíz etimolóxica indoeuropea, aínda que existen hipóteses que indican que proveñen do termo "oliveto".

Toponimia do teixo en Castilla y León
 
ramos-de-san-jose_0.jpgOs topónimos recollidos para lugares ou partidas relacionadas coa presenza de teixos en Castilla y León son numerosos, o que induce a pensar na súa importante presenza nas súas paisaxes e cultura dende tempos inmemoriais.
















 




 Algúns topónimos atopados son os seguintes:
 
Provincia Topónimo
Ávila Correra del tejo, Garganta Tejea, Garganta de Valdetajo, Puente de Valdetejo, Tejo de las Mulas, Arroyo de los Tejos, Los Tejos.
Burgos Los Tejos, Vereda de los Tejos, Barranco de los tejus, Montija, Aginal de Arralde, Cueva del Agin.
León Ramos de San José, Teixeu de Sil, Teixeu de Ancares, Teixeira, Cantexeira, Poula de Penoteixo, Valina do Teixo, Cascada del teixedal, el Pozo del Teixo, Arroyo Tegeo, El Ticheo, Arroyo del Teixadal, Ferrería de San Juan del Tejo, Arroyo de tejedo, Tedejo, Monte Texedo, San Juan del Tejo, Loma de las Tejedas, Hoyo de los Tejares, Majada de Tejedo, Mosqueiro, Monteviejo (probable). Yebra (recollido tamén no pirineo oscense, de similitude co nome inglés do teixo "Yew")
Palencia Peña del Tejo, Dehesa de Montejo, Peña Tejedo, El Tejo bajero, Montejerinos.
Salamanca Manantial del tejo.
Segovia Los Tejos, Monte de los Tejos, Embalse de El Tejo, Arroyo de la Tejeda, Mata del Tejo.
Soria El tejo (Monte), Barranco de los Tejos (Sámago).
Zamora Los Tejos, Vega del Teyo, Teixedelo.
Toponimia do teixo en Euskadi

No caso de Euskadi, cabe remarcar os topónimos de Aginaga (Aiara), Agiñiga (Aguiñiga), Aginaga (Val de Aiala) para o territorio histórico de Araba. Ademais, Arberas (2014) recolle "Cumio dos teixos" e Agiñaga (Aiala) e Los tejos, Agindasolo, Aginandi, Aginandikozearra, Aginadipeko, Agintxikerra, Agiñaga, Agiñiga, Aginamendi e Sima del tejo.

En Gipuzkoa, rexistráronse: Aginaga (Eibar, Usurbil, Ibarranguelua, Lizarregiri), Agineta (Zumárraga), a estación megalítica de Agina (Oyarzun) ou o Dolmen de Agiñaran (Alzania). Tamén Agiñarte, Agintza (Gueñes, Encartaciones) e Aginastegui (Pagoeta e Izarratitz).

Para Bizkaia recolleuse Agina (Ibarra), Agiñalde e Agiñeta (Zeanuri), Necrópole de Arguiñeta (Elorrio). Segundo Néstor de Goikoetxea na súa Toponimia Euskara (1984), co nome de Aginalde bautizaron un grupo de amigos un refuxio alpino construído nas campas de Arimekorta (Gorbea), facendo honra ao teixo que se alza sobre o edificio e que xa foi testemuña de asentamentos moi antigos.
 
agin-de-antonana.jpgTambién resultan Tamén resultan sorprendentes os topónimos relacionados co teixo noutras zonas da fachada cantábrica con raíz similar, como Los Aguines, en Salceda (Cantabria). No texto de García (2009), recóllense entre moitas outras, acepcións como A Aguiña (Padrón- Galicia), ou as asturianas de Aguino (Pola de Somieu) e Fontaguín (Braña de Perlunes). Este último lugar, representa un fito do simbolismo asturiano recollido por Abella (2009) e narra a lenda do pastor que roubou o cáliz sagrado a unha xana (fada da mitoloxía astur); mentres a xana perseguía furiosa ao ladrón, este berraba ao tempo que corría despavorido: ¡Santiago de Agino, Valmé, que pa ti lo quiero!
 
Toponimia do teixo en Galicia

En Galicia a toponimia xeográfica indica que esta é unha rexión especialmente profusa en canto a toponimia relacionada co teixo, xa que é posible identificar un total de máis de 100 combinacións toponímicas distintas relacionadas co termo Taxus. Polo tanto, a pegada do teixo na toponimia galega é profunda, xa que a súa etimoloxía aparece reflectida en máis de 200 rexistros repartidos en toda a xeografía galega, sendo empregado na toponimia en camiños (Camiño da Teixeira), rede hidrográfica (Rego do Teixo, Carrozo das Teixeiras, Regueiro Teixeira, etc.) ou no total de termos relacionados coa orografía continental (Pena Teixeiro, Couto dos Teixos, Valiña do Teixo, etc.), a paisaxe vexetal (Os Teixiños, O Teixedal, etc.) e agrícola (Agro das Teixeiras).

teixeira2.jpg
A elevada concentración de topónimos relacionados co teixo en Galicia quedou gravada tamén na denominación das propias poboacións e construcións. Así, é posible identificar na base de datos de entidades de poboación ata un total de 59 entidades singulares, repartidas polas 4 provincias galegas, que inclúen a Taxus dentro da súa etimoloxía (O Teixeiro, Teixedo, Teixido, Teixidelo, A Teixeira, etc.). Entre todo este numeroso conxunto os casos máis representativos son a denominación de todo un termo municipal (municipio de A Teixeira, na bisbarra de Terra de Caldelas da provincia de Ourense), ou da propia capital municipal (Teixeiro, capital do municipio de Curtis, provincia de A Coruña), aínda que tamén é posible citar ancestrais centros de peregrinación nos cales o teixo ten unha gran importancia en toda a súa simboloxía (Santo André de Teixido, aldea do municipio de Cedeira, provincia de A Coruña).

A análise dos topónimos recollidos para lugares relacionados coa presenza de teixos en Galicia permite avaliar a importancia desta especie na toponimia. Algúns topónimos (ordenados por provincias) son os seguintes:
 
Provincia Topónimo
A Coruña O Teixeiro, Teixedo, Teixido, Teixidelo, O Penedo de Teixeiro, Teixín, Teixedelos, Teixidón, O Teixeiro de Arriba, A Ponte de Teixeiro
Lugo A Ponte do Teixo, O Teixo, O Teixeiro, Teixeda, Teixeira, Os Teixidos, A Teixeira, Os Teixós, Teixeira de Abaixo, Teixeira de Arriba, A Ponteixeda, Castro de Teixeiro
Ourense A Teixeira, Teixido, O Teixedo,
Pontevedra A Teixeira, As Teixiñas
A toponimia relacionada co teixo é especialmente significativa na localidade de Galicia onde LIFE BACCATA realizará as accións de conservación do hábitat 9580*, no Monte Veciñal en Man Común (MVMC) de Riocereixa (Pedrafita do Cebreiro, Lugo). Neste caso, a restauración do hábitat 9580* realizarase empregando material xenético de reprodución do mesmo MVMC, o cal foi recollido dentro dunha zona do bosque coñecida localmente como "Entre os Teixos", topónimo que indica sen dúbida unha parte do monte na que existe unha concentración non habitual de individuos de teixo.

mapatopo.jpg