Intervencións selvícolas dentro da ZEC Fuentes Carrionas y Fuente Cobre-Montaña Palentina (ES4140011) na provincia de Palencia

O obxectivo do proxecto LIFE "Conservando e restaurando os bosques de teixo da Cordilleira Cantábrica" (LIFE BACCATA) é contribuír á conservación dos bosques de teixo na Cordilleira Cantábrica, e proba diso son as actuacións que se están a levar a cabo na montaña Palentina.

A montaña palentina mostra unha importante representación de teixadais dentro do Parque Natural de Fuentes Carrionas y Fuente Cobre-Montaña Palentina e a Zona de Especial Conservación (ZEC) do mesmo nome. O Parque presenta extensas masas forestais de faia e carballo albar xunto a cimbrais almofadados no rochedo de cotas máis altas e nuas.

Neste escenario atopamos unha serie de teixadais de gran valor, destacando o teixadal de Tosande, excepcional formación e unha das mellores de toda a Península Ibérica onde se identificaron e catalogaron numerosos pés singulares no presente proxecto.

Outros teixadais da zona, e non menos importantes, son os que son obxecto das actuacións promovidas por Cesefor (socio do proxecto LIFE BACCATA), sempre coa colaboración e asesoramento técnico da Sección Territorial de Medio na zona da Junta de Castilla y León (xestor dos montes de utilidade pública onde se sitúan os teixadais e socio do proxecto LIFE BACCATA); neste caso, a Sección Territorial 3ª da provincia de Palencia, e concretamente a Bisbarra Forestal "Alto Pisuerga".

Estes teixadais se atopan sometidos a unha forte competencia da faia e a unha importante presión de herbívoros silvestres, como por exemplo, o cervo. Isto tradúcese nunha notoria escaseza de rexenerado.
Malia as presións existentes sobre os teixadais palentinos, dende hai máis dunha década, a xestión forestal foi encamiñada á conservación dos teixadais por medio de actuacións que se están a continuar na obra que agora se está a realizar. Estes traballos son claras selectivas e anelados en pés de faia, repoboación con teixos e acivros procedentes de semente dos propios teixadais e peches de exclusión arredor dos rodais plantados.
Nos últimos meses do presente ano, estivéronse a realizar claras selectivas e anelado de faia en dous dos rodais previamente caracterizados na Acción preparatoria do LIFE BACCATA, consistente na caracterización e diagnose do hábitat do teixo. Estes dous rodais se atopan na localidade de Portelo, no termo municipal de Cervera de Pisuerga.

life-baccata_-palencia.pngO obxectivo, tanto das claras selectivas sobre faia como dos anelados sobre esta mesma especie, é conseguir unha redución da densidade arbórea do estrato superior (faial) e unha apertura de ocos no devandito dosel, moi importantes para a viabilidade do rexenerado de teixo, ao aumentar a cantidade de luz que alcanza o subpiso, á vez que se fomenta un maior desenvolvemento do arboredo adulto ao limitar a competencia existente.

A actuación é puntual, cortándose ou anelando soamente aqueles pés de faia situados arredor dos pés de teixo que amosen claros síntomas de estancamento e/ou decaemento debido á competencia e ao déficit lumínico.