Finalizadas las obras de plantación de arboretos en Castilla y León no marco del proxecto LIFE BACCATA

Os primeiros días do mes de abril, comezáronse os traballos para a creación de dous arboretos mediante plantacións en lugares de especial interese e de grande afluencia turística, ademais de mellorar e adecuar un arboreto xa existente. O obxectivo é fomentar o coñecemento acerca das especies que compoñen o hábitat 9580* Bosques mediterráneos de Taxus baccata e divulgar os retos aos que se enfronta este habitat nos últimos anos respecto da súa conservación, ademais de contribuír á perpetuación dos recursos xenéticos.
  arboreto.jpg
Foto . Reposición de marras no arboreto de la Ruta de Tosande (Palencia)

Este tipo de actuacións recóllense dentro da acción C6 do proxecto LIFE BACCATA: "Conservación da diversidade xenética de Taxus baccata".

Os dous novos arboretos sitúanse en Mirantes de Luna, na ZEC "Valle de San Emiliano ", León, e o outro na provincia de Burgos, concretamente en Ojo Guareña, xunto á Cova - Ermida de San Bernabé.

Por outro lado, tamén se realizou unha reposición de varias especies no arboreto que se atopa xunto ao aparcamento da ruta da Tejeda de Tosande, en Palencia.

Para as plantacións empregáronse unha mestura de diversas especies características de cada zona e presentes no hábitat "Bosques mediterráneos de Taxus baccata" (teixos, acivros, abeleiras, carnabudos, bidueiros, carballos, faias, pradairos, etc.), procedendo á súa execución de forma manual. Posteriormente colocáronse protectores individuais para protexer as plantas de herbívoros domésticos e silvestres.

A instalación da cartelería informativa realizarase nos próximos meses.

2_2.jpg
Foto. Golpe de plantas típicas do hábitat en Ojo Guareña