Benvidos ao proxecto LIFE BACCATA, Conservando e restaurando os bosques de teixo da Cordillera Cantábrica

O proxecto LIFE BACCATA traballa pola conservación e restauración do hábitat prioritario do teixo, actualmente ameazado e en regresión, en quince lugares da Rede Natura 2000 da Cordilleira Cantábrica e pertencentes a Galicia, Castilla e León, e País Vasco.

O hábitat do teixo, presente tamén noutros países europeos como Portugal, Francia, Italia e Grecia, se atopa actualmente nun estado de conservación desfavorable e inadecuado, na rexión atlántica de España, e desfavorable ou malo na mediterránea, segundo a catalogación da Directiva de Hábitats na Unión Europea.

O proxecto LIFE BACCATA actuará exclusivamente sobre unha grande superficie da Cordilleira Cantábrica, aínda que o estudio e os resultados obtidos terán un alcance internacional xa que existen territorios en Portugal, Francia, Italia e Grecia que presentan este tipo de hábitat, ameazado de xeito similar.

As liñas de traballo desenvólvense en torno a:

Coñecer, mellorando o coñecemento da especie, Taxus baccata, e do seu hábitat a través da análise do seu estado actual e das ameazas que poñen en risco a súa supervivencia. Este proxecto pretende ser un xerador de coñecemento técnico aplicado e de referencia técnica para, posteriormente, deseñar as accións de conservación idóneas e de compatilibilización doutros usos, no ámbito da Unión Europea.

Conservar, protexendo e estendendo este hábitat a través da aplicación de tratamentos selvícolas concretos, eliminando as especies exóticas que o poñen en perigo, cultivando as plantas características destes hábitats e aplicando medidas de control e conservación xenética que aseguren o seu futuro.

Divulgar, informando e sensibilizando á sociedade da importancia que ten a recuperación e preservación natural e sostible desta especie singular e do seu hábitat, e dos beneficios socioeconómicos potenciais que pode xerar para a poboación local.

O teixo vén sufrindo unha serie de ameazas que inflúen directamente na biodiversidade das zonas que ocupa, e por iso, require unha actuación urxente como garantía do seu futuro.

Estas ameazas fóronse orixinando ao longo dos anos e son de diversa índole, os incendios, as curtas, a construción de infraestruturas, a fragmentación e falta de conexión entre estes espazos naturais, ou as repercusións do cambio climático. Individualmente ou de xeito conxunto, estas ameazas puxeron en perigo a supervivencia desta especie, o seu hábitat e a biodiversidade que conteñen, por iso faise necesario actuar e garantir o seu futuro de xeito sostible.

O proxecto LIFE BACCATA aplicará as medidas de protección e xestión forestal necesarias que promovan a mellora do estado de conservación e restauración do teixo e dos teixedais, fomentando a súa rexeneración natural, e o das especies de flora e fauna que os habitan, contribuindo a frear a perda de biodiversidade.

O proxecto LIFE BACCATA desenvólvese en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a Junta de Castilla y León, Cesefor e a Corporación do Goberno Vasco para o desenvolvemento do medio rural e mariño, Hazi.